Tecendo Identidade(s) cunha galega universal: María Casares

O 2022 foi declarado Ano Internacional de María Casares e, dende Tecendo Identidade(s), queremos renderlle a nosa particular homenaxe a unha actriz de culto en Francia que nunca renunciou ao acento nin á súa identidade galega.

O alumnado de francés, baixo a dirección de Rosaura Rodríguez García, iniciou o labor de investigación na biblioteca. 

Saudamos con alegría a chegada do 7º club de lectura do centro: LGBTIQ+

No marco do proxecto Tecendo Identidade(s), vén de nacer o club de lectura deste curso! Promovido e coordinado polo Equipo de Igualdade, está concibido como un espazo de recoñecemento no que o noso alumnado se sinta acompañado e conte coa compliciade dos iguais e dos adultos na construción da súa identidade. 

Onte acompañounos Nee Barros, durante tres horas! Falamos da vida, da necesidade de ser quen queiramos ser, e tamén do seu libro Identidade que escribiu cando cursaba 3º de ESO. 

Unha tarde inesquecible, que agardamos vaia fornecendo dos vimbios necesarios para a construción dun mundo máis libre e máis respectuoso coa diversidade.