Mulleres matemáticas: 5. Rosa M. Crujeiras Casais

A directora científica do recentemente creado CITMAGA (Centro de Investigación Tecnolóxico e Matemático) acolleunos na sé da institución. Explicounos o seu funcionamento e abordou as diferentes liñas de traballo que se desenvolven dende aquí: investigación teórica, puramente matemática; investigación de aplicacións á empresa e unha terceira vía para a conexión co mundo empresarial.