De onde vimos? que somos? por que estamos aquí? A onde imos? Son preguntas que teñen respostas científicas. Existe un mesmo proceso de evolución que, dende hai quince mil millóns de anos, fai que a materia tenda a organizarse do Big bang ao Homo/ Mulier sapiens. Procedemos das bacterias pero tamén das galaxias, elementos químicos que compoñen o noso corpo son os que hai millóns de anos formaron parte do universo.
No Xelmírez I hai unha aula ao aire libre (a nosa aula bosque) localizada na centenaria carballeira de San Lourenzo, considerada “formación senlleira de Galicia”. Nas clases da aula bosque aprendes cos cinco sentidos… e os coñecementos de Bioloxía descóbrelos dun xeito práctico, sacando a científica/o que levas dentro: observamos, investigamos, formulamos hipóteses e experimentamos… Ademais, unha vez que coñeces a importancia ecolóxica da carballeira, o valor dunha árbore, ou que todas as especies estamos “ conectadas”e que a nosa propia saúde depende da saúde do medio ambiente, sentes que queres facer algo. Así foi como xurdiu o plan chamado “IES Xelmírez I avanzando cara a sostibilidade”e pasamos a acción…
Olga Alexandrovskaya chegou a Compostela con 20 anos para incorporarse á Orquestra Sinfónica de Galicia.
Procedente de Sochi, unha cidade á beira do Mar Negro, cóntanos un conto popular ruso, «O nabo xigante», de orixe anónima, pero recompilado por Aleksei Tolstoi no século XIX.
Había unha vez un vello que plantou un nabo pequeno e díxolle:
— Medra, medra, nabiño e o nabo creceu enorme.
Un día, o vello foi a arrincalo. Tirou e tirou, pero non puido arrincalo.
O vello chamou á vella, a vella tirou do vello, o vello tirou do nabo, pero non puideron arrincalo.
A vella chamou á neta, a neta tirou da vella, a vella tirou do vello, o vello tirou do nabo, pero non puideron arrincalo.
A neta chamou ao can, o can tirou da neta, a neta tirou da vella, a vella tirou do vello, o vello tirou do nabo, pero non puideron arrincalo.
O can chamou ao gato, o gato tirou do can, o can tirou da neta, a neta tirou da vella, a vella tirou do vello, o vello tirou do nabo, pero non puideron arrincalo.
O gato chamou ao coello, o coello tirou do gato, o gato tirou do can, o can tirou da neta, a neta tirou da vella, a vella tirou do vello, o vello tirou do nabo, e tiraron e tiraron, con todas as súas forzas, ata que por fin arrincaron o nabo!
A Olga contoulle este conto a súa avoa canto tiña catro anos. E ela agora transmítello ao seu fillo pequeno e agarda que el non rompa a cade de transmisión da súa cultura de orixe.