Faizal Bikle ten 22 anos, é natural de Mozambique e estuda Teoloxía en Compostela.
Relatounos un conto que lle ensinaron cando era neno:
Había unha comunidade lonxeva onde os animais eran sempre
portadores de coñecemento. Un día, a comunidade a tribo dos sapos decidiu eliminar as burbullas que levaban no seu corpo . O líder da
comunidade dos sapos foi ao encontro do xefeda tribo das
cobras e preguntoulle como debía facer para conseguilo.
A cobra díxolle ao sapo: «Vaite ata a casa e prende a leña, pon a tixola no lume e despois bota aceite…»
Mentres lle estaba explicando, o sapo, levado pola impaciencia, non deixou acabar a cobra e marchou, pensando que xa tiña para si o coñecemento absoluto.
Pero cando chegou á casa e fixo o experimento, non tivo en conta que o aceite estaba demasiado quente e morreu torrado na tixola.
Moralexa: o coñecemento leva o seu tempo e non debemos deixarnos levar polas présas ou pola arrogancia.
Segundo nos conta Taifal, case todas as historias africanas son un vehículo para a educación dos nenos e nenas, nunha sociedade cuns altos índices de analfabetismo.
Este traballo foi elaborado polos alumnos Nuno do Rego, Lidia Sandá e Miguel Ángel González.