Somos po de estrelas

“ Somos po de estrelas”

De onde vimos? que somos? por que estamos aquí? A onde imos? Son preguntas que teñen respostas científicas. Existe un mesmo proceso de evolución que, dende hai quince mil millóns de anos, fai que a materia tenda a organizarse do Big bang ao Homo/ Mulier sapiens. Procedemos das bacterias pero tamén das galaxias, elementos químicos que compoñen o noso corpo son os que hai millóns de anos formaron parte do universo.

Alumnado Cultura científica  de 1ºBacharelato

Somos verdes: a nosa aula-bosque

Luís, Antón, Iago, Mauro e Manuel fálannos da carballeira de San Lourenzo, lugar icónico de Santiago. Con eles saberemos da súa historia e do seu funcionamento como gran ecosistema.
Antía, Lys, Marina e Ana fálannos da biodiversidade na aula bosque
Lidia, Ana, Sergio, Hugo e Rita guíannos pola carballeira de San Lourenzo
Pasado e presente da carballeira de San Lourenzo, por Frida, Eva e Paula
Álvaro, Laura, Lucía, Ada e Julia explícannos a biotópica e a biocenose da carballeira

construciónS de identidadeS e cidadaníaS

Identidade e cidadanía son dous conceptos que camiñan da man na historia contemporánea.

O alumnado de 4º da ESO do IES Xelmírez I, dirixido pola súa profesora Judith Carbajo, investigou a evolución do discurso dos dereitos humanos o papel que acadan homes e mulleres dentro deste camiño de conquistas, apoios e atrancos cos que contaron. Descubriron como se foi construíndo o discurso identitario e democrático.

Neste camiño de descubertas, foron elaborando o seu propio libro! Nel parecen recollidas identidades de xénero e outras excluídas da Historia.