Que che están a dicir se oes isto? Desta muller tan compostelá e doutras mulleres poderosas: dona Urraca e dona Violante, infórmannos neste falangullo Rosalía, Lara e Diego.
Que che están a dicir se oes isto? Desta muller tan compostelá e doutras mulleres poderosas: dona Urraca e dona Violante, infórmannos neste falangullo Rosalía, Lara e Diego.
O reino de Galiza na época medieval, tiña como protagonista a nosa cidade, Santiago de Compostela, que se converteu, grazas ao Camiño, nun dos centros culturais e artísticos máis importantes de toda Europa, só igualada por Roma. Do esplendor desta etapa fálannos Lucas, Carla, Pablo e Ainara.
Que sabes deste galego poderosísimo que dá nome ao teu centro? Escoita a Brais, Martín, Mateo e Pablo.
Como era a nosa cidade no século XII? Con que perigos se enfrontaba o peregrino que chegaba de Francia? Que pobos e que igrexas ían nacendo á par do camiño? Destes e doutros aspectos de interese dá conta a Guía do Peregrino, libro V do Códice Calixtino, unha xoia da literatura e da música medieval, da que nos falan María, Ane, Sofía e Nerea Yanina.
Álvaro, Manuel e Miguel cóntannos neste falangullo que as opcións de vida das mulleres medievais eran tres: casamento, convento ou marxinalidade. Pero a escolla vai estar moi condicionada polo nivel social e económico do que parten…