Investigar, construír, aprender… Mariam Rey e o alumnado de 3º ESO déronlle vida ao longo do curso á nosa Biblioteca.
Archivos de la categoría: Departamentos
De Téano a Mirzakhani
Despois de entrevistar a mulleres matemáticas destacadas de hoxe, o alumnado de 2º ESO buscou información e elaborou carteis sobre matemáticas do pasado que contribúan a erradicar a invisibilización histórica da muller neste campo.
A min contáronme en… ITALIA
Stefano Ninni é orixinario de Schiavi di Abruzzo, un pequeno concello de montaña da rexión italiana de Abruzzo, con pouco máis de 900 habitantes. Vive en Galicia dende hai máis de vinte anos, pero segue mantendo moi viva a memoria oral da súa infancia, que tamén lle transmite aos seus dous fillos, xa nacidos en Galicia (por certo, é pai dunha das nosas alumnas máis brillantes, Valeria Ninni).
Contounos unha tradición que protagonizan os nenos na noite de Nadal. Recollen leña polo día e de noite todo o pobo congrégase ao redor de grandes fogueiras que prenden nas partes máis altas da vila. Dáse unha especie de competición por ver que barrio ten as fogueiras máis grandes, pero en realidade, é unha maneira de estar xuntos e divertirse en comunidade.
Hoxe en día, a tradición mantense pero con menos participación de xente, pois a zona, igual que a montaña galega, sofre un importante despoboamento polo éxodo da xente moza a cidades coma Nápoles, Milán ou Roma.
Agardemos que poida manterse viva moitos anos, pois parécenos unha tradición moi fermosa
Traballo realizado polas alumnas Paula Franco, Ariadne Mesejo e Nidia Iglesias.
Elena M. Alonso Prieto: “A produción mineira en Galicia xera máis de 200 millóns de euros e achega o 8% da produción nacional”
Carla, Lola e Álvaro, alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola súa profesora Mariam Rey, demostraron dominio do tema e boas dotes xornalísticas nesta entrevista a profesora Elena Mercedes, da Escola de Minas e Enerxía da UVI
Minería e identidade galega
A minería está íntimamente ligada á identidade do pobo galego. O alumnado de Tecnoloxía de 3º ESO traballou en grupos nos distintos aspectos que vertebran esta vinculación, conformando a nosa paisaxe e a nosa cultura.
Obradoiros, conferencias, exposicións, reprodución de figuras de Sargadelos… e un longo etc. Canto traballaron estes rapaces e rapazas e canto traballou a súa profesora Marian Rey!