A directora científica do recentemente creado CITMAGA (Centro de Investigación Tecnolóxico e Matemático) acolleunos na sé da institución. Explicounos o seu funcionamento e abordou as diferentes liñas de traballo que se desenvolven dende aquí: investigación teórica, puramente matemática; investigación de aplicacións á empresa e unha terceira vía para a conexión co mundo empresarial.
Archivos de la categoría: Departamentos
Mulleres Matemáticas: 4.Peregrina Quintela Estévez
Desta volta tivemos a oportunidade de reunirnos coa profesora Peregrina Quintela, catedrática de Matemática Aplicada da USC, gañadora do Premio María Josefa Wonenburger Planells.
Preside a PET-MSO-ED (plataforma española de tecnoloxías de modelización, simulación e optimización nun entorno dixital) e é vicepresidenta da EU-Math-In (rede europea matemática industrial).
Mulleres Matemáticas: 3.Carme Cadarso Suárez
Tivemos ocasión de achegarnos á Facultade de Medicina para falar coa catedrática do departamento de Bioestatística, Carme Cadarso Suárez.
Carme promoveu a spin-off académica Biostatech, dirixiu a Rede Nacional de Bioestatística (Biostatnet) e foi directora do Centro Interdisciplinario de Bioestatística (ICBUSC) de carácter mixto e internacional da USC.
Impulsou a iniciativa «Stat Wars: o Imperio dos Datos» co obxectivo de mostrar ao alumnado de ESO e Bacharelato, coa metodoloxía de aprender xogando e baseándose na popular saga cinematográfica, todas as utilidades da estatística.

Esta é a lembranza que temos da nosa entrevista con ela:
Mulleres Matemáticas: 2.Elena Vázquez Abal
Continuando co ciclo de entrevistas, falamos agora coa profesora Elena Vázquez Abal, catedrática de Xeometría e Topoloxía da USC e presidenta da comisión mulleres e matemáticas da RSME (Real Sociedade Matemática Española)
Video entrevista: Elena V. Abal
Mulleres matemáticas: 1.Victoria Otero Espinar
Analizar a visibilidade ou invisibilidade da muller no mundo matemático e ofrecer referentes ás nosas alumnas para rachar o teito de cristal e ser quen elas decidan ser, é o obxectivo básico dunha serie de entrevistas que iniciamos con esta entrada.
A primeira delas é á profesora Victoria Otero, catedrática de Análisis Matemático da USC e vicepresidenta primeira da RSME (Real Sociedade Matemática Española)