Carla, Lola e Álvaro, alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola súa profesora Mariam Rey, demostraron dominio do tema e boas dotes xornalísticas nesta entrevista a profesora Elena Mercedes, da Escola de Minas e Enerxía da UVI
Minería e identidade galega
A minería está íntimamente ligada á identidade do pobo galego. O alumnado de Tecnoloxía de 3º ESO traballou en grupos nos distintos aspectos que vertebran esta vinculación, conformando a nosa paisaxe e a nosa cultura.
Obradoiros, conferencias, exposicións, reprodución de figuras de Sargadelos… e un longo etc. Canto traballaron estes rapaces e rapazas e canto traballou a súa profesora Marian Rey!
Identidade laboral
O traballo forma parte da nosa identidade. O alumnado de 2º ESO e 3º ESO nas materias de Valores Éticos e Relixión traballou en grupos para averiguar cales son os factores que máis definen a unha persoa, e se o xénero aínda determina a nosa profesión e as nosas afeccións.
Seguen manténdose os estereotipos? Os resultados son sorprendentes ou, se cadra, non tanto.
BEN MEREZO QUE ME COÑEZAS
A análise da nomenclatura do rueiro compostelán permitiulle ao alumnado de 2º ESO detectar discriminacións de xénero e reflexionar sobre como construímos pensamento e, polo tanto, identidades en base a unha tradición cultural. Elas e eles tiveron ocasión de mudar a historia e propoñer nomes alternativos de mulleres galegas de distintas épocas e distintos ámbitos. O 70% das rúas teñen na actualidade nomes de home!
Compostela de onte e de hoxe
A rapazada de 1º ESO achegouse ao traballo dunha historiadora a través da busca e análise de fontes como son as fotografías antigas da súa cidade, Compostela. Os cambios urbanísticos, os usos da cidade e o cambio nas tradicións que foron mudando amosan unha sociedade cambiante.
Neste recompilación de fotos vemos trasposta a foto antiga ao panorama actual que nos obriga a comprender algúns dos principais cambios da urbe.
Ademais, tamén demos cabida a outras vilas como Noia ou Celanova que nos permite ampliar a perspectiva inicial coñecendo outras realidades.
Velaquí tes a recomplicación de fotografías!
Este percorrido que vai dende o século XIX ata a actualidade ten a súa ruta creada na app My Maps. Anímate e mergúllate nel!