No Xelmírez I hai unha aula ao aire libre (a nosa aula bosque) localizada na centenaria carballeira de San Lourenzo, considerada “formación senlleira de Galicia”. Nas clases da aula bosque aprendes cos cinco sentidos… e os coñecementos de Bioloxía descóbrelos dun xeito práctico, sacando a científica/o que levas dentro: observamos, investigamos, formulamos hipóteses e experimentamos… Ademais, unha vez que coñeces a importancia ecolóxica da carballeira, o valor dunha árbore, ou que todas as especies estamos “ conectadas”e que a nosa propia saúde depende da saúde do medio ambiente, sentes que queres facer algo. Así foi como xurdiu o plan chamado “IES Xelmírez I avanzando cara a sostibilidade”e pasamos a acción…
E ti ,queres coñecela?
Alumnado Bioloxía 4ºESO