Compostela no Medievo: Pergamiño Vindel

Galego era a lingua na que trobaban os reis e o pobo. As composicións recolléronse en Cancioneiros e Pergamiños que empregaban os xograres para a súa interpretación. Do máis famoso deles, que se atopa na J. Pierpont Morgan Library de Nova York, dannos conta Enrique, Xián, Fátima e Miguel.

Radio na biblio: Compostela no Medievo

Deixarémosvos nos próximos días algúns falangullos elaborados polo alumnado de 3º ESO na materia de Lingua e Literatura Galega, nos que os seus autores e autoras investigaron sobre o Medievo en Compostela.

Coñecer a importancia da nosa cultura e da nosa historia para tecer identidade e poder valorar o alleo dende o orgullo do propio. Este é o principal obxectivo deste traballo elaborado no marco do proxecto educativo SEMGAL.  

Subscríbete ao noso programa!

O alumnado de francés descubrindo a María Casares…

No 2022, ano no que se celebra o centenario do nacemento de María Casares, o alumnado de francés de 3º ESO do IES Xelmírez I, traballou sobre a figura desta galega universal, unha das maiores actrices que tivo Francia.

Fixo pesquisas na biblioteca e foise achegando ao legado desta inmensa artista, nacida e criada en Galicia, filla de Santiago Casares Quiroga, Xefe de goberno na II República Española e de Gloria Pérez, exiliados a Paris no ano 1936 por mor do golpe de Estado fascista.


Saudamos con alegría a chegada do 7º club de lectura do centro: LGBTIQ+

No marco do proxecto Tecendo Identidade(s), vén de nacer o club de lectura deste curso! Promovido e coordinado polo Equipo de Igualdade, está concibido como un espazo de recoñecemento no que o noso alumnado se sinta acompañado e conte coa compliciade dos iguais e dos adultos na construción da súa identidade. 

Onte acompañounos Nee Barros, durante tres horas! Falamos da vida, da necesidade de ser quen queiramos ser, e tamén do seu libro Identidade que escribiu cando cursaba 3º de ESO. 

Unha tarde inesquecible, que agardamos vaia fornecendo dos vimbios necesarios para a construción dun mundo máis libre e máis respectuoso coa diversidade.