Identidade laboral

O traballo forma parte da nosa identidade. O alumnado de 2º ESO e 3º ESO nas materias de Valores Éticos e Relixión traballou en grupos para averiguar cales son os factores que máis definen a unha persoa, e se o xénero aínda determina a nosa profesión e as nosas afeccións.

Seguen manténdose os estereotipos? Os resultados son sorprendentes ou, se cadra, non tanto.

BEN MEREZO QUE ME COÑEZAS

A análise da nomenclatura do rueiro compostelán permitiulle ao alumnado de 2º ESO detectar discriminacións de xénero e reflexionar sobre como construímos pensamento e, polo tanto, identidades en base a unha tradición cultural. Elas e eles tiveron ocasión de mudar a historia e propoñer nomes alternativos de mulleres galegas de distintas épocas e distintos ámbitos. O 70% das rúas teñen na actualidade nomes de home!

infografía 1/3
infografía 2/3
infografía 3/3

construciónS de identidadeS e cidadaníaS

Identidade e cidadanía son dous conceptos que camiñan da man na historia contemporánea.

O alumnado de 4º da ESO do IES Xelmírez I, dirixido pola súa profesora Judith Carbajo, investigou a evolución do discurso dos dereitos humanos o papel que acadan homes e mulleres dentro deste camiño de conquistas, apoios e atrancos cos que contaron. Descubriron como se foi construíndo o discurso identitario e democrático.

Neste camiño de descubertas, foron elaborando o seu propio libro! Nel parecen recollidas identidades de xénero e outras excluídas da Historia.

Mulleres matemáticas 7: Elena Vázquez Cendón

Para rematar este ciclo de entrevistas que tanto nos achegou, deixámosvos aquí coa decana da Facultade de Matemáticas.

Un dos temas abordados na xuntanza foi a preocupación pola presenza feminina nesta carreira e se se están a desenvolver medidas neste sentido.