A nosa compañeira Marian Rey está a traballar este sector dentro do proxecto TecendoIdentidade(s) Nesta ocasión contamos cunha charla impartida pola directora da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía da Universidade de Vigo, que permitiu, abordar a explotación sostible dos espazos mineiros así como a súa recuperación ao remate da explotación. Asemade, permitiu reflexionar sobre a escasa presenza de mulleres neste sector e as súas causas.
Dende antano a minaría forma parte do noso patrimonio: estaño na Idade de Bronce, ouro aproveitado polos romanos, wolframio, ferro, chumbo…Pero tamén a pedra que labraron os nosos canteiros, a lousa e a tella… Materiais de noso cos que fomos quen de xerar unha industria moderna, punteira no mercado mundial, e da que cómpre sentírmos fachenda.